Charlas salgadas no Club do Mar: o lado máis persoal de Tino Fernández
O presidente do Real Clubb Deportivo, Tino Fernández, compartiu onte á noite máis de hora e media de conversación co xornalista coruñés Moncho Viña no salón de actos do Club do Mar de San Amaro para mostrar a súa faceta máis persoal. A infancia, os estudos, o baloncesto, a carreira profesional, a familia, o pasado, presente e futuro, todo vinculado a un elemento común, o Deportivo e un deportivismo que mostra e demostra en cada unha das súas respostas.