RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Cita mañá martes para catro equipos de ANOSACANTEIRA en Abegondo e A Lavandeira (Culleredo)

Catro equipos de #ANOSACANTEIRA teñen cita mañá martes 28 de novembro.

O Deportivo ABANCA B mídese nun amigable á selección galega sub-17, ás 18:00 no campo da Lavandeira en Culleredo.

Están convocadas co combinado galego as deportivistas Elena Vázquez, Lucía Rivas e Sara Cercido; ademais das orzanistas Noelia Mayo, Emma Gandoy, Laura Santos e Dunia Dahmouni.

As pupilas de Óscar Orro chegan a este choque de adestramento despois dun sufrido empate (3-3) en León o pasado sábado, con 'hat trick' de Noela. Con este resultado, o Dépor ABANCA B marcha con 28 puntos en 2ª posición da táboa en Tercera Federación FutFem, a 3 puntos do líder, o Real Avilés, que ten 31 puntos.

As futbolistas citadas no filial deportivista son as seguintes: María Calvo, Celia Sousa, Uxía López, Lucía Mariño, Andrea Ansede, Laura Testa, Macarena González, Elena López 'Cusi' e Laura Otero; ademais de Yaiza García, Uxía Rabuñal, Daniela Basalo, Iria Otero, Mica Baratelli, Ivana Fernández e Noe Gómez, xuvenís do Orzán SD; e Candela Fernández e Yanis Citoula, cadetes do Orzán SD. 

Así mesmo, Alevín A, Benxamín A e Fabril FC Benxamín disputan mañá martes os seus partidos correspondentes á 3ª xornada en Primera A Coruña de fútbol 8 que foi suspendida polo temporal a principios de mes.

O calendario de partidos de mañá martes é o seguinte:

Categoría feminina
Amigable: DEPORTIVO ABANCA B - SELECCIÓN GALEGA SUB-17, ás 18:00 no campo da Lavandeira (Culleredo)

Categoría alevín
3ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - ALEVÍN A, ás 18:45 en Abegondo
Clasificación da Primeira A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Fabril FC Alevín (un partido máis), 18 puntos; 2. Alevín A, 15 puntos; 3. Ural Español CF e Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos...

Categoría benxamín
3ª xornada: BENXAMÍN A - URAL ESPAÑOL CF, ás 19:45 en Abegondo (campo de herba artificial)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, Ural Español CF e Victoria CF, 12 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos...

3ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - SPORTING CAMBRE, ás 18:45 en Abegondo (campo de herba artificial)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín, 15 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz e Santa Cruz CF (un partido máis), 12 puntos... 6. Sporting Cambre, 7 puntos...