O dianteiro Claudio Beauvue adéstrase de novo co grupo despois de estar uns días con traballo específico baixo a supervisión dos Servizos Médicos.
Ademais da presenza do dianteiro francés, Borja Galán e Uche Agbo completaron toda a sesión con normalidade; co que unicamente Rui Costa e Javi Sanmartín, este cunha lesión muscular no psoas ilíaco dereito, están con adestramento de readaptación.
Esta mañá, após un quecemento e rondos, Fernando Vázquez acurtou a duración da sesión sobre o campo e dispuxo un circuíto preventivo e fútbol en espazo reducido.
Mañá venres 2 de outubro, o corpo técnico atrasou unha hora o inicio do adestramento respecto ao horario habitual. Así pois, os futbolistas saltarán ao céspede da Cidade Deportiva ás 11:00 horas en lugar de ás 10:00.