RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Claudio Beauvue incorpórase ao grupo no regreso ao traballo do Deportivo

O Deportivo comezou a preparar esta mañá en Abegondo a visita do UP Langreo a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 2 de maio ás 19:00 horas (TVG-2), en choque correspondente á 5ª xornada no grupo 1D de Segunda División B.

A novidade foi a presenza de Claudio Beauvue no grupo despois de que unhas molestias no seu xeonllo dereito impedíranlle entrar na convocatoria ante o Marino de Luanco do pasado sábado.

Así pois unicamente Borja Galán, Derik e Keko, os futbolistas con problemas físicos a día de hoxe, adestráronse á marxe do resto dos seus compañeiros.

Adri Castro, que tivo minutos co primeiro equipo no campo de Miramar, foi o único canteirán hoxe ás ordes de Rubén de la Barrera.

Após un quecemento, o técnico coruñés dispuxo unha tarefa de posesión; un exercicio de inicio de presión; e, para concluír, fútbol en espazo reducido, co cadro dividido en tres equipos.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase en ABANCA-RIAZOR a porta pechada a partir das 10:30 na sesión habitual dos xoves, fundamentalmente táctica.