RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Comeza a campaña de abonos do RC Deportivo 2021-2022: "Moito por vivir"

Desde hoxe, todas as personas socias do Deportivio 2020-2021 poden renovar o seu carné para seguir como abonadas do Dépor 21-22. Toda a información da campaña está dispoñible na páxina: www.rcdeportivo.es/abonos, desde onde se pode iniciar o proceso de renovación, ademais de descargar o dossier que contén todos os detalles da mesma.

As principais novidades desta temporada son:

- As renovacións non se poderán facer de maneira presencial, só se poden realizar de maneira online (24 horas) nesta ligazón e para iso só é necesario o carné da temporada pasada para saber a ID de socio/a e un cartón bancario; a través do servizo telefónico de ABANCA: 981 910 544 (de luns a sábado de 08:00 a 22:00 horas) ou mediante transferencia.

- Todos os carnés serán enviados de forma gratuíta á dirección que indique cada persoa abonada durante o proceso de renovación, non podendo ser recollidos fisicamente, como até o ano pasado, nas instalacións do RC Deportivo.

- Polo momento non se realizarán altas de abonos con localidade ata que se garanta o aforo a todos os abonados da temporada 2020/2021.

- Aquelas persoas socias que na Campaña de Compensación polos partidos non gozados na Temporada 2019/20 solicitaron a opción “Moedeiro Dépor: Abonos 2020/21 e 2021/22”, dado que na temporada anterior non foi posible establecer a “Cota de Abono” e descontar o importe correspondente á compensación desa temporada, descontaráselles o total no abono da temporada actual automaticamente durante o proceso de renovación telemática.

- Unicamente atenderase presencialmente, baixo cita previa, desde o 16 de agosto, na Oficina de Atención ao Deportivista (OAD), Estadio ABANCA-RIAZOR: avenida de La Habana s/n, 15011 A Coruña a aquelas persoas abonadas que non puideron realizar o trámite de maneira telemática por algún motivo de forza maior.

- A partir do luns 23 de agosto todas as localidades que non fosen renovadas serán liberadas para que os socios con asento poidan cambiar a súa localización. Do mesmo xeito que non se realizarán altas novas ata que se garanta o aforamento a todos os abonados, os socios sen localidade (Socio Amigo e Nen@ Dépor) tampouco poderán cambiarse de modalidade de socio polo mesmo motivo. Os días de cambio de localidade serán do 23 ao 27 de agosto exclusivamente para socios con asento mediante cita previa na páxina citaprevia.rcdeportivo.es

- O carné volverá ter valor completo e servirá para acceder a todos os partidos do Deportivo, Dépor ABANCA, Fabril, Xuvenil e a nosa canteira, ademais de achegar moitas outras vantaxes como descontos nas DéporTiendas (5%) e na DéporClínica do Grupo Clínica O Burgo (15%). As limitacións de aforo xestionaranse do seguinte modo: a normativa e uso do abono deberá adaptarse ás regulacións e limitacións do aforo dispoñible, así como das disposicións das autoridades sanitarias e as propias que marque o Club por réxime interno. Neste sentido, no caso de que o aforo se reduza a un número inferior ao número de abonados, o Club devolverá, unha vez finalice a temporada, a parte proporcional dos partidos non gozados a aqueles socios que se vexan afectados.
Para iso, naqueles partidos que o aforo sexa inferior ao número de socios abrirase un prazo de prereserva de entradas. (i) No caso de que o número de peticionarios de entradas para o devandito partido sexa inferior ao aforo permitido non se devolverá o importe proporcional do devandito partido a ningún abonado. (ii) No caso de que o número de peticionarios de entradas sexa superior ao aforo permitido, só devolverase a parte proporcional a aqueles abonados peticionarios da entrada e que finalmente non resulten beneficiados.
Condicións especiais de acceso: para acceder ao Estadio ABANCA-RIAZOR deberanse cumprir as condicións que as limitacións e regulacións sanitarias permitan. Debido ás posibles restricións de aforo, cabe a posibilidade de que as persoas abonadas non poidan ser situadas no seu asento habitual, polo que o Club resérvase o dereito de modificar as localidades durante os partidos afectados para poder cumprir coas devanditas restricións. A distribución das localidades será o máis próxima posible á localización ou zona de prezo do abono. Por este mesmo motivo, o Club pode inhabilitar nos partidos afectados o acceso co carné do Deportivo 2021/2022 e que este se realice mediante entrada. Cando se volva a recuperar todo o aforo, as persoas abonadas poderán volver utilizar o abono físico e a súa localidade habitual.

- De novo, por 5 euros máis, poderase acceder co carné do RC Deportivo aos partidos do Deportivo Liceo, nun proceso de alta como abonado do equipo verdibranco que se pode xestionar, con tan só un click, durante o proceso de renovación telématica do abono do Deportivo.