RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Comunicado do Real Club Deportivo

O Real Club Deportivo, como membro de pleno dereito da Asociación de Clubs de Fútbol Feminino (ACFF), quere mostrar o seu total desacordo ante a medida tomada pola Comisión Delegada da entidade de interpor unha querela contra o presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) e outros membros do ente federativo, por unha presunta comisión dos delitos continuados de coaccións, ameazas e prevaricación administrativa.

O Real Club Deportivo considera que unha decisión de tal alcance debía ser debidamente adoptada polo máximo órgano plenario da ACFF para poder ser valorada por todos os integrantes da mesma e coñecida antes da súa interposición. Se isto sucedese, o voto do Real Club Deportivo moi probablemente tería sido contrario á medida adoptada, ante a que agora só lle queda facer pública esta reprobación.

O Real Club Deportivo cre que o fútbol feminino en España ten un gran potencial e avoga polo diálogo, a xenerosidade, a coordinación e a amplitude de miras de todos os estamentos involucrados (clubs, Asociación, Federación, deportistas, Administración, etc.) para aproveitar as oportunidades que se presentan.