RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Comunicado do Real Club Deportivo

O Real Club Deportivo de La Coruña, SAD quere mostrar a súa sorpresa, malestar e estupefacción ante a sucesión de comunicados á que estamos a asistir ao longo do día de hoxe.

Ante tal perplexidade, queremos facer constar que LaLiga comunicou a este Club ás 10:37 horas de hoxe domingo a apertura dun expediente disciplinario de 113 páxinas ao Fuenlabrada -iniciado o pasado día 22- e outorgou a este Club un prazo até mañá luns 27 de xullo ás 15:00 para realizar alegacións e achegar probas.

Este Club é parte ademais en dous procedementos abertos ante a RFEF por incumprimento das normativas estatutarias e regulamentarias vixentes e realizou as correspondentes alegacións fixando os feitos sucedidos e achegado probas en defensa dos seus intereses.

Ante a gravidade dos feitos que se están sucedendo, o Club anunciará mañá as medidas a adoptar e a súa postura oficial ante un atropelo de semellante calibre.

#éDÉxustiza