O Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña, SAD na súa reunión mantida no día de hoxe acordou por unanimidade a convocatoria dunha Xunta Xeral Extraordinaria de accionistas que se celebrará a semana do 13 de xaneiro de 2020.
A orde do día da referida Xunta Xeral terá por obxecto articular a renuncia do Consello de Administración para propiciar o nomeamento dun novo equipo de goberno.
A convocatoria publicarase coa máxima urxencia posible, de maneira que o novo equipo dispoña do maior prazo para adoptar as decisións deportivas que procedan antes do peche do mercado de inverno.
O Consello de Administración solicita a todo o deportivismo que continúe prestando o máximo apoio ao equipo no que resta da presente temporada.