Confirmada unha lesión de Claudio Beauvue nos isquiotibiais da súa perna dereita
As probas médicas ás que foi sometido Claudio Beauvue revelan que sofre unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna dereita.
O ariete deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, Claudio pasará á fase de readaptación física supervisada polo readaptador, Fran Molano; como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.