Copa de la Reina en Abegondo mañá e liga en ABANCA-RIAZOR o domingo para As Nosas nunha dura semana de traballo
As Nosas arrincan esta tarde en Abegondo unha dura semana de traballo con Copa de la Reina mañá martes en Abegondo e liga o domingo 10 de novembro en ABANCA-RIAZOR.
Despois dunha fin de semana estraña motivada á suspensión do partido de Liga F ante o Valencia CF Féminas pola traxedia da DANA que afectou o Levante español, o Dépor ABANCA tivo onte domingo xornada de descanso e hoxe luns pola tarde retoma os adestramentos na Cidade Deportiva.
Á parte dos dous encontros, o cadro terá 4 sesións de traballo en Abegondo, con ximnasio e vídeo antes de saltar ao céspede cada día.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 4 de novembro 17:30 h.
Martes 5 de novembro 20:00: Deportivo ABANCA - Real Betis Féminas, en Abegondo (Copa de la Reina)
Mércores 6 de novembro Descanso
Xoves 7 de novembro 11:00 h.
Venres 8 de novembro 11:00 h.
Sábado 9 de novembro 11:00 h.
Domingo 10 de novembro 12:00: Deportivo ABANCA - Real Sociedad, en ABANCA-RIAZOR (Liga F)