RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Giménez: "O equipo está mentalizado de que temos que gañar 5 partidos"

Dani Giménez subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "o equipo está mentalizado de que temos que gañar 5 partidos. Estabámolo cando tiñamos esa tan boa serie que nos permitiu saír dese pozo".

A meta deportivista admite que os xogadores branquiazuis "somos conscientes que nos últimos partidos non tivemos esa solidez defensiva que é á que temos que abrazarnos e é a que nos permitiu saír de aí. Tamén somos conscientes de que a pesar de perder, de non realizar grandes encontros tanto en ABANCA-RIAZOR contra o CD Lugo como contra o Zaragoza ou Almería, estamos aí con moitísimos equipos. Era algo que hai uns meses non imaxinabamos. Non podemos decaer".

Insiste en que "temos que volver ser sólidos, a darlle importancia á defensa e recuperar esas sensacións de infranqueables que tiñamos antes".

Do rival deste sábado 14 de marzo en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Gol) lembra que "pasou tamén por malas situacións ao longo da temporada. Xogando en ABANCA-RIAZOR, aínda que sen público quítanos unha parte moi importante, temos que facer un esforzo pola xente que non pode vir. Quédannos 5 partidos por gañar e é importantísimo empezar xa. Logo imos a Oviedo, fóra de casa, un partido de máxima tensión despois... Non podemos estar a pensar no que fixemos mal ou ben. Temos que recuperar esa sensación que tiñamos antes".

Precisamente opinou sobre a decisión de LaLiga de xogar os próximos 2 partidos a porta pechada: "Se son 2 partidos, en ABANCA-RIAZOR e fóra, parece que se compensa todo un pouco pero se a semana que vén segue habendo máis infeccións e se hai máis casos ou mortes seguramente non se xogue. Entón descaradamente sairiamos prexudicados".

É máis, apunta que "a afección non se vai a quedar na súa casa a ver os partidos. Vai ir ao bar cos seus amigos, coas súas peñas. Aínda que pode ser esaxerado, temos o espello de Italia, que xa está a pasar. Para a competición, e que a xente poida gozar dos partidos no seu estadio. Egoístamente a nós, pola nosa forma de xogar, é importante ter o público en ABANCA-RIAZOR. Seremos un dos clubs máis prexudicados con esta decisión porque seguramente o partido contra o Oviedo non se xogue".