David Mella está concentrado coa selección sub-17 masculina para xogar na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) dous amigables de preparación para o Europeo, os dous ante Francia.
O primeiro deles foi esta tarde e saldouse cunha contundente vitoria española con protagonismo para #ANOSACANTEIRA. Mella empezou o choque no banco e substituíu a Víctor no minuto 27.
Do atacante branquiazul foi o último gol do encontro, o cuarto de España, no minuto 90. Yusi centrou un balón desde a esquerda recuperado após unha boa presión e Mella, de cabeza a pesar da súa estatura, batía ao meta francés.
A próxima cita entre ambos os equipos será este xoves 21 de abril ás 11:00 no mesmo escenario, a Ciudad del Fútbol en Las Rozas.
O calendario é o seguinte:
Martes 19 de abril ESPAÑA 4 - FRANCIA 1
Xoves 21 de abril 11:00: ESPAÑA - FRANCIA, na Ciudad del Fútbol de Las Rozas
David Mella regresará á Coruña o mesmo xoves 21 de abril ao longo da tarde.
Paula Novo acaba mañá mércores a concentración en Los Ángeles de San Rafael
Paula Novo está concentrada coa selección española sub-17 feminina nuns adestramentos na localidade segoviana de Los Ángeles de San Rafael desde onte luns 18 a mañá mércores 20 de abril, día no que regresará á Coruña.
O defensora branquiazul, fixa nas aliñacións do Deportivo ABANCA B, debutou xa en Reto Iberdrola e o pasado sábado, por exemplo, xogou os últimos 10 minutos de partido de liga co primeiro equipo ante o CD Pradejón.
Paula Novo forma parte do nutrido grupo de internacionais que militan no Dépor ABANCA, tanto no primeiro como no segundo equipo, como Ainhoa Marín, Eva Dios, Carlota Sánchez, Aroa Guerra ou Abril Pazos.