Deportivo e Ural Español CF, campións do Mini Teresa Herrera en benxamíns e prebenxamíns
As finais do clásico Trofeo Mini Teresa Herrera serviron de preámbulo esta mañá en ABANCA-RIAZOR a unha emocionante tarde.
En categoría benxamín, o Deportivo impúxose (3-0) ao Ural Español CF na metade do campo próximo á bancada de Pavillón.
Mentres que en prebenxamíns, Ural Español CF logrou a súa 'Torre' ao vencer (7-1) á Compañía de María na metade de campo máis próxima á bancada de Marathón.
Manuel Vázquez, Concelleiro de Deportes do Concello da Coruña, e Juan Carlos Vázquez Veras, presidente da AFAC, foron os encargados de entregar os trofeos aos participantes para pór fin a unha mañá inesquecible para todos os equipos.