"Desexarlle o mellor ao Deportivo, que o que lle pase bo ao Dépor, pasarame a min", manifestou Anquela na súa despedida
Juan Antonio Anquela despediuse este mediodía na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.
No acto, moi breve, estiveron presentes os membros do Consello de Administración do Club Juan Manuel Sánchez-Padrós, Pablo Ruiz Cuadrado e Alberto Méndez; o Director Deportivo Carmelo del Pozo; o delegado do club, Juan Ángel Barros; membros do seu corpo técnico, como o seu axudante Juanjo Carretero e o preparador físico Marcos Marcén, que seguirá á fronte da preparación física do equipo con Luis César; e diferentes empregados do Dépor.
O técnico xienense solicitou despedirse sen preguntas dos medios de comunicación, soamente para pronunciar estas palabras que nin sequera tiña escritas:
"É un día complicado para min e para a miña xente. Pero isto é o fútbol. Nada máis. A min só quédame dicir que vin con toda a ilusión do mundo a un club enorme, marabilloso. Non puido ser.
Pedir perdón polo que nós puidemos fallar. Nada máis. Darlle as grazas a todo o mundo. Teño que dar as grazas ao Presidente e a súa xunta directiva pola paciencia que tiveron; a Carmelo (del Pozo), por axudarme sempre no traballo; a toda a xente do Club, a todos, desde o primeiro empregado; aos meus amigo Barros (Botana), que está todo o día alí connosco traballando; e sobre todo aos meus futbolistas, que até o último segundo tentaron facer as cousas o mellor posible para solucionar un tema que o fútbol cho pon moi complicado. Nada máis.
Moitas grazas a vós (medios de comunicación) pola vosa paciencia, por aguantarme, que non é fácil. A partir de agora desexarlle o mellor ao Deportivo, que o que lle pase bo ao Dépor, pasarame a min. Moitas grazas a todos".