Dubarbier pechou febreiro na Escola do RC Deportivo na que destaca Izan, alumno da Pobra do Caramiñal
Esta semana conclúe o segundo mes de actividade na Escola RC Deportivo.
Hoxe mércores 27 de febreiro, Sebastián Dubarbier visitou aos 29 nenos da quenda dos mércores. O vindeiro venres, o protagonista será Carlos Fernández (18:00 horas).
O lateral deportivista protagonizou unha improvisada rolda de prensa, con todos os rapaces sentados ao seu ao redor no centro da pista.
"¿Quen é o teu mellor amigo?, ¿canto ganas no Dépor? ¿es de Buenos Aires? ou ¿quen é o teu ídolo?" foron algunhas as preguntas ás que respondeu con simpatía Sebastian Dubarbier.
Unha foto de familia após asinar postais, camisetas e até zapatillas, puxo o punto e final a un acto que se repetirá cada final de mes cun futbolista diferente do primeiro equipo do RC Deportivo.
A gran maioría dos nenos de febreiro repetirán ao longo do mes de marzo.
Ese é o caso de Izan, que os mércores de cada semana percorre co seu pai 260 quilómetros (ida e volta por autoestrada) desde a súa A Pobra do Caramiñal natal, en total 3 horas de viaxe, para perfeccionar a súa técnica cos adestradores do RC Deportivo durante 1 hora nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña na Grela.
Aqueles xogadores de 6 a 12 anos que queiran sumarse a esta actividade da Fundación Real Club Deportivo poden facelo informándose e inscribíndose en www.rcdeportivo.es/escola.