Edu Expósito e Álex Bergantiños foron os protagonistas na zona mixta do Estadio Anxo Carro de Lugo.
O centrocampista catalán lamentouse do seu disparo ao traveseiro que supuxese o 0-1 no marcador, "e cando mellor estabamos marcáronnos o gol".
Promete que o equipo "vai loitar até o final" por meterse no playoff de ascenso e admite que "a marxe de erro xa se terminou. Agora temos que sumar".
Pola súa banda, o capitán Álex Bergantiños cualificou de "pau duro" o resultado final no Anxo Carro.
Opina que o partido foi "moi igualado, con poucas ocasións. Cando mellor estabamos, que foi o pau de Edu, cando estabamos a empezar a entender mellor o partido, veu esa perda que deu lugar ao gol deles. A partir de aí, o partido cambiou. Metéronse atrás, a perder tempo. Tivemos opcións, un gol anulado. O equipo tentouno até o final, cos seus argumentos. Doídos pola derrota".
O futbolista coruñés insiste en que "as contas non serven de nada. Agora mesmo temos que pensar no Mallorca, que é o que vén. Non dependemos de nós. Temos que pensar en sacar o máximo de puntos posibles. E iso pasa por gañar o seguinte. Non serve de nada facer contas, nin mirar calendarios nosos ou alleos".