Edu Sousa e Mario Soriano pasáronse pola zona mixta do Cerro del Espino.
O gardameta galego, que debutou no primeiro equipo após pasar hai uns anos por #ANOSACANTEIRA, manifestou en primeiro lugar que o partido de hoxe en Majadahonda "é un soño cumprido. Non sei se algunha vez cumpristes un soño, pero se o fixestes, sabedes do que falo".
Preferiu non facer valoración algunha da súa actuación porque "necesito tempo, ver o partido, analizalo cos meus compañeiros, cos meus adestradores, para sacar unha valoración obxectiva. Quedo coa sensación de cumprir un soño hoxe", insiste.
Sentiu "o apoio e a confianza de todo o mundo desde o primeiro momento, desde o primeiro instante, o que me fixo sentir moi tranquilo, moi confiado en que se estaba traballando ben".
Entende "que "#ANOSAFORZA, que todos, porque nós tamén, queiramos gañar sempre, todos os partidos desde o inicio de temporada. Pero isto é unha carreira de fondo e se nunha carreira de fondo abandonas en quilómetro 8, o que é seguro é que non a gañas. Paciencia é o que hai que ter agora porque todos queremos o mesmo. Nós queremos gañar, vós (en referencia aos medios), queredes que gañemos. #ANOSAFORZA quere gañar e esta afección se en algo é especialista é en non baixarse no quilómetro 8 e perdurar até o 32, 34 ou 44".
Ve "moi bos os ingredientes para que isto salga ben e moi positivos. Non imos dar cabida aos negativos".
Pola súa banda, Mario Soriano subliña que "queriamos conseguir os 3 puntos. Notouse coa aliñación que queriamos saír a gañar. Non puidemos conseguilo porque non metemos gol e pensar no finde que vén, valorar este punto e dar un golpe encima da mesa contra o Linares".
O atacante deportivista cre que na primeira parte "tivemos o control. Non nos xeraron perigo. É verdade que non tivemos ese acerto a portería, non tivemos ocasións claras, só dous tiros e dous centros que non foron claros. Pero no descanso falamos. Sabiamos que en tres cuartos cando a recibise calquera do equipo tiña que xerar máis perigo, estar tranquilo e ir portería. Viuse que tivemos máis ocasións".
A #ANOSAFORZA Mario Soriano, un dos futbolistas máis queridos en ABANCA-RIAZOR, pídelle "paciencia. Isto é unha liga moi longa. Até maio ou abril non se vai a ver nada exacto. Temos que ter tranquilidade e paciencia porque as cousas van saír. Hoxe creo que o equipo estivo moi ben, tivemos o control do partido, xogamos ben de lado a lado e tivemos paciencia para chegar á área".
Nesta liña, lembra a temporada pasada a traxectoria do Real Racing Club, "que empezou moi mal e mira como acabou. Pódense falar moitas cosas pero non vale de nada porque onde se van a decidir as cousas é a final de temporada",