O Dépor inicia unha semana para "tentar ter máis xente dispoñible" e, ante o Sporting en ABANCA-RIAZOR, "seguir a mesma liña"
O Dépor, hoxe martes con xornada de descanso, inicia este mércores 20 de novembro unha semana con 4 sesións matinais en Abegondo previas ao encontro ante o Sporting de Gijón, correspondente á 16ª xornada en LaLiga Hypermotion, previsto para o domingo 24 de novembro ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga Hypermotion).
Os resultados da última xornada, coa derrota en Almería, deixaron a Os Nosos con 16 puntos na 16ª posición da táboa.
Na zona mixta do UD Almería Stadium, Sergio Escudero, un dos futbolistas con máis experiencia do vestiario, marca como meta "tentar ter a máis xente dispoñible e saber que podemos competir con calquera equipo".
O lateral deportivista cre que "hai que ter a cabeza posta na próxima fin de semana, en ABANCA-RIAZOR gañamos o último día (ante a SD Eibar) e temos que seguir por esa liña".
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Mércores 20 de novembro 11:00 h.
Xoves 21 de novembro 11:00 h.
Venres 22 de novembro 11:00 h.
Sábado 23 de novembro 11:00 h.
Domingo 24 de novembro 16:15: Deportivo - Sporting de Gijón, en ABANCA-RIAZOR