RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Elena Vázquez e Lucía Rivas incorporáronse á selección española sub-17 despois do gran éxito de ANOSACANTEIRA coas seleccións galegas

Elena Vázquez e Lucía Rivas incorporáronse hoxe luns á concentración da selección española sub-17 para uns adestramentos que terán lugar desde hoxe luns 4 ao mércores 6 de marzo na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid).

As canteirás, que están en dinámica do Dépor ABANCA, regresarán á Coruña o mércores pola tarde.

Ambas integran a lista de canteiráns que agora mesmo están no radar das categorías inferiores como Kevin Sánchez, José Rei ou Pablo García con España; Álex Delgado con Venezuela; e Amin Mustapha e Dunia Dahmouni con Marrocos.

Exito das seleccións galegas sub-17 e sub-15 con dez canteirás branquiazuis

Dez canteirás branquiazuis brillaron esta fin de semana en Murcia coas seleccións galegas sub-17 e sub-15 na Fase de Oro e Plata respectivamente do Campionato de España por autonomías.

Sara Cercido, Elena Vázquez, Lucía Rivas, Noelia Mayo, Laura Santos, Emma Gandoy e Yaiza García estiveron coa selección galega sub-17, que se clasificou por primeira vez na súa historia para a Fase Final Oro. Houbo vitoria galega ante Cataluña e Castela e León por 2-1; e unha única derrota con Madrid (2-5). Lucía Rivas e Noelia Mayo marcaron un gol cada unha.

Así mesmo, Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo participaron coa selección galega sub-15. Derrotaron a Murcia (3-0) e a Navarra (2-1) para coarse na Fase Final Plata, da que é vixente campioa. Daniela Macedo marcou un dos goles.