RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Elena Vázquez xa está en semifinais do Mundial sub-17 ao golear a Ecuador

-Foto:@rfef.es

 

Elena Vázquez representa ao Deportivo ABANCA no Campionato do Mundo sub-17 que se celebra na República Dominicana.

España clasificouse para as semifinais ao golear (5-0) a Ecuador, segundo clasificado do grupo A. O encontro xogouse onte á noite o Estadio Olímpico Félix Sánchez.

A canteirá non tivo minutos nesta ocasión.

O rival en semifinais será Inglaterra o venres 1 de novembro ás 00:00 horas retransmitido en directo por Teledeporte e RTVE Play.

Elena Vázquez, que saíu no once inicial, concluíu o pasado martes a Primera Fase con vitoria ante Colombia (1-2) para confirmar o seu billete para a Fase Final. 

A xogadora do Dépor foi substituída no minuto 57 por Aiara nun choque que se decidiu para as españolas cun gol de Irish no minuto 90.

A segunda cita no torneo para España foi o pasado sábado 19 ante a República de Corea.

Venceron as españolas con claridade (5-0) nun partido no que se produciu o debut de Elena Vázquez no torneo posto que no minuto 72 substituíu a Amaya García.

No primeiro encontro, a selección impúxose (3-1) a Estados Unidos nun bo partido do combinado nacional. Nesta ocasión a futbolista do Dépor ABANCA seguiu o xogo desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

O calendario de partidos da selección española, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 16 de outubro
ESPAÑA 3 - ESTADOS UNIDOS 1

Sábado 19 de outubro
ESPAÑA 5 - REPÚBLICA DE COREA 0

Martes 22 de outubro
COLOMBIA 1 - ESPAÑA 2

Domingo 27 de outubro
Cuartos de final
ESPAÑA 5 - ECUADOR 0

Venres 1 de novembro
Semifinais
00:00 (hora galega): ESPAÑA - INGLATERRA, no Estadio Olímpico Félix Sánchez de Santo Domingo

A selección española sub-17 é a vixente campioa de Europa nun torneo no que participou outra deportivista, Lucía Rivas, que se recupera dunha lesión de xeonllo.

As Nosas consolídanse como un viveiro para as categorías inferiores da selección española posto que, ademais de Elena Vázquez e Lucía Rivas, Ainhoa Marín estivo citada pola selección española sub-23; Olaya e Marina Artero acaban de regresar do Mundial sub-20; a propia Marina é campioa de Europa sub-19; Antía Veiga estivo nuns adestramentos coa selección española sub-16; e Claudia Sande participou noutra concentración coa sub-15. Finalmente Dunia Dahmouni acaba de recibir a chamada da selección marroquí sub-20.