RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Emotiva tarde para Mackay, da man de Duacode, cos pequenos de ASANOG e o CHUS

O porteiro do RC Deportivo, Ian Mackay, acudiu como representante do Club e a súa Fundación a un emotivo encontro coas nenas e os nenos de ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia) en Santiago de Compostela, onde se repartiron varios detalles entre os máis pequenos. Posteriormente visitou ao resto de nenos que se atopa no Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) ingresados con diversas patoloxías.

Esta emotiva e enriquecedora actividade estivo organizada por Duacode, patrocinador persoal de Ian Mackay esta temporada, que quixo aproveitar o seu vínculo co porteiro para esta bonita acción social na capital de Galicia cunha das asociacións coas que Duacode xa viña colaborando e que realiza unha función vital na vida dos nenos, e das súas familias, que padecen unha enfermidade oncolóxica.