Para o partido do próximo sábado 25 de febreiro ás 17:00 h. contra o CD Badajoz póñense entradas a disposición da afección que queira acudir ao Estadio ABANCA-RIAZOR e que non teña carné do Dépor 22-23. As socias e socios do Deportivo poden acceder directamente co seu carné en formato físico ou dixital (este último a través da APP RC Deportivo: https://rcdeportivo.es/app).
Os prezos das entradas para o público oscilan entre os 25 euros de Tribuna e os 10 de Preferencia Inferior e Pavillón Inferior (Esgotada Marathón Inferior). Tamén se poden comprar entradas da zona VIP de Tribuna: "Área 1906" por un prezo de 80 euros, catering incluído ou consultar a posibilidade de alugar un Palco VIP a través de vip@rcdeportivo.es.
O día de partido, as entradas poden comprarse nos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde 3 horas antes do comezo, as 14:00 h., e até o arranque do encontro.