RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Entradas (gratuítas e obrigatorias para socios e socias) para o Fabril - SD Compostela do sábado 14 de setembro que se xogará en ABANCA-RIAZOR

O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes de ABANCA-RIAZOR para o partido deste sábado 14 de setembro ás 20:00 (YouTube RC Deportivo) entre o Fabril e a SD Compostela, correspondente á 3ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.

Poden retirar entradas, en principio para Tribuna Inferior, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa IDE de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até mañá mércores 11 de setembro ás 23:59 h.

A partir dese momento habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.