RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Entradas (gratuítas e obrigatorias para socios e socias) para o Xuvenil A - RC Celta do domingo 28 ás 17:00 en Abegondo

O RC Deportivo xa ten activado o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido deste domingo 28 de xaneiro ás 17:00 (Youtube RC Deportivo) entre o Xuvenil A e o RC Celta correspondente á 18ª xornada na División de Honra.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar o aforamento. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até mañá venres ás 23:59 h. A partir dese momento, se houbese aforamento aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro de localidade.