Estado físico-médico do cadro a 29 de xullo de 2022
Este é o estado físico-médico do cadro a venres 29 de xullo de 2022:
Catro futbolistas do cadro atópanse estes días con traballo personalizado: Borja Granero, Héctor, Roberto Olabe e Trilli.
A este respecto, Borja Jiménez apuntou ante os medios de comunicación que ante calquera pequena molestia "non hai que correr ningún risco con ningún xogador"; e ademais recalcou que "Borja Granero está nesa última fase de recuperación e esperamos que se poida incorporar connosco canto antes".