RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Eva Dios asegura que "estamos a crecer aos poucos nas pequenas cousas, mellorando os detalles que cremos que son importantes"

Eva Dios subliñou en rolda de prensa que "estamos a crecer aos poucos nas pequenas cousas, mellorando os detalles que cremos que son importantes e vainos a axudar á confianza para este partido", en referencia á visita á SD Eibar deste domingo 20 de outubro ás 12:00 (Dazn) en Ipurúa.

A atacante deportivista recalcou da vitoria da pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR ante o Madrid CFF que "hai que darlle o valor que se merecen estes 3 primeiros puntos e máis nunha liga tan complicada como a Liga F".

Admite que "nos facía moita falta gañar. Ademais viñamos de dous partidos que nos quitan puntos nos últimos minutos. É importante ter eses puntos na clasificación", conclúe.

Do partido en Ipurúa advirte que o conxunto vasco "sabe moi ben a que xoga. Leva moitos anos con este estilo de xogo. Nós estamos a preparar un plan de partido que nos sirva para poder estar cómodas e competir ao máximo".

Eva Dios pensa que ao Dépor ABANCA "queda moito por mostrar con balón. Estamos aos poucos tentando ter esa personalidade, ese estilo de xogo que nos caracteriza".

Finalmente a nivel persoal confesa estar "con moitas ganas de competir, de xogar, de demostrar o nivel que temos todas, que ten o equipo".