RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA mídese ao Real Betis Balompié na terceira eliminatoria da Copa de la Reina

O Dépor ABANCA quedou emparellado co Real Betis Balompié na terceira rolda da Copa de la Reina que se xogará o 5, 6 ou 7 de novembro.

A eliminatoria, a partido único, decidirase en casa posto que a temporada pasada As Nosas militaban nunha categoría inferior ás béticas, a Primera Federación Iberdrola.

Ambos os equipos acábanse de ver as caras en Liga F en ABANCA-RIAZOR nun partido que acabou en empate sen goles (0-0).

Nesta presente edición copeira, o Dépor ABANCA eliminou a dous equipos de Segunda Federación: ao Atlético Villalonga FF (0-1) en primeira rolda e ao Sporting de Gijón (0-6) na segunda.

O resto de emparellamentos son os seguintes:

Fundación Canaria CD Tenerife - CD Sporting Club

Guiniguada Apolinario CD - UD Costa Adeje Tenerife

AEM SE - Vilarreal CF

CD Fundación Osasuna Femenino - FC Levante Badalona

CP Cacereño Femenino - Valencia Féminas CF

DUX Logroño - SD Eibar

CD Alba Fundación Femenino - Granada CF