RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA desprázase este sábado por estrada ao País Vasco para visitar á SD Eibar este domingo ás 12:00

O Dépor ABANCA viaxará por estrada este sábado 19 de outubro ao País Vasco para visitar o estadio de Ipurúa de Eibar o domingo 20 a partir das 12:00, en partido correspondente á 7ª xornada na Liga F.

Antes de subirse ao autocar, As Nosas realizarán unha última sesión de traballo en Abegondo.

O regreso á Coruña será, tamén por estrada, nada máis concluír o partido.

O plan de viaxe é o seguinte:

Sábado 19 de outubro
11:00: Adestramento en Abegondo
12:00: Saída en autocar
19:45 (horario aproximado): Chegada ao hotel Occidental Bilbao

Domingo 20 de outubro
12:00: SD Eibar - Deportivo ABANCA, en Ipurúa
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña