Falece Morilla, dianteiro do Deportivo de finais dos 60
- Morilla (segundo agachado pola dereita) posa co resto de compañeiros en Riazor -
Rodrigo Martínez Morilla (Madrid, 28 de febreiro de 1943), exjugador do Deportivo a finais da década dos 60, faleceu o pasado día 8 aos 78 anos vítima dun cancro.
O dianteiro madrileño, que xogara previamente en Rayo Vallecano e Tenerife, destacou especialmente na súa primeira temporada na Coruña, a 67-68, na que disputou 25 partidos, todos como titular e anotou 5 goles, un deles no partido que certificou do ascenso a Primeira División, na penúltima xornada de liga ante o Oviedo en terras asturianas (0-1) co tanto de Morilla, que con ese tanto forma parte da lista selecta de autores goles que valeron ascensos.
En Primeira División o seu protagonismo desapareceu, sumando só 5 partidos e un gol a campaña seguinte e unha temporada en branco, a terceira, que concluíu co descenso de categoría. Após pasar polo Calvo Sotelo unha campaña, regresou de novo a Riazor para formar parte do equipo do ascenso do 71, co que tan só completou 45 minutos, antes de pechar a súa carreira futbolística no Ensidesa.
O RC Deportivo quere mostrar o seu máis sentido e sincero pésame á familia Martínez Morilla e ás súas excompañeros e amigos. DEP.