RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Feiraco súmase á campaña do RC Deportivo e o Banco de Alimentos Rías Altas doando dous palés de leite

O RC Deportivo e a Asociación Banco de Alimentos Rías Altas inician mañá sábado, no partido da 12ª xornada do grupo 1 de Primera Federación entre o Dépor e o SD Logroñés en ABANCA-RIAZOR (19:00 horas), unha campaña conxunta de recollida que está apadriñada por Lucas Pérez e á que se sumou a empresa láctea Feiraco.

Feiraco, que foi patrocinador principal do Deportivo entre 1992 e 2000, doou dous palés de cartóns de leite a esta primeira acción, na que todos os afeccionados e afeccionadas que acudan mañá sábado a ABANCA-RIAZOR poderán entregar un litro de leite por persoa ao Banco de Alimentos Rías Altas. Os afeccionados deberán dirixirse co seu litro de leite a unha das cinco furgonetas que estarán situadas nas catro esquinas do Estadio e nas inmediacións da porta 0.

O RC Deportivo e a Asociación Banco de Alimentos Rías Altas asinaron un convenio de colaboración para realizar varias recollidas de alimentos no estadio branquiazul ao longo da temporada 2023-24.

Nas próximas semanas, os días 24 e 25 de novembro, a Asociación Banco de Alimentos Rías Altas realizará a súa habitual gran campaña pre-Nadal, na que tamén participará o RC Deportivo. Durante a segunda volta do campionato ambas as entidades organizarán unha nova campaña de doazón de produtos básicos.