RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Escoita, da man da Fundación RC Deportivo, ofrecerá os partidos da LXXIX edición do Trofeo Teresa Herrera

A Fundación do Real Club Deportivo e Escoita, encabezado polo deportivista Jesús Suárez, impulsan un proxecto co único obxectivo de que as persoas con discapacidade visual poidan gozar dos eventos deportivos igual que calquera outro espectador.

A próxima cita será a audiodescripción dos partidos correspondentes á LXXIX edición do Trofeo Teresa Herrera, o venres 9 coas dúas semifinais (CD Leganés - Real Oviedo e Dépor - Unionistas de Salamanca CF) e o sábado 10 coa gran final.

Escoita axuda a eliminar barreiras e permite a accesibilidade plena, acorde cos obxectivos de desenvolvemento sustentable do Real Club Deportivo.

A través dunha APP, todos os asistentes a un evento ou calquera persoa, en calquera lugar do mundo, pódea descargar para seguir a audiodescripción no seu propio dispositivo móbil.

A APP, desenvolvida en colaboración con ARMIS Group, é unha aplicación móbil que une a accesibilidade para as persoas cegas ou con problemas de visión coa tecnoloxía, destinada á narración de eventos deportivos, de diferentes modalidades, conseguindo que as persoas cegas poidan seguir ao seu equipo e a súa modalidade favorita en tempo real, convertendo un problema da industria do deporte nunha solución para a sociedade.

As ligazóns de descarga da APP son os seguintes:

Para dispositivos Android

Para dispositivos IOS

O proxecto Escoita forma parte do plan de Responsabilidade Social Corporativa do Club.