RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

ABANCA-RIAZOR será pioneiro en LaLiga grazas á Fundación RC Deportivo e o proxecto Escoita

A Fundación do Real Club Deportivo e Escoita, encabezado polo deportivista Jesús Suárez, impulsan un proxecto pioneiro en LaLiga co único obxectivo de que as persoas con discapacidade visual poidan gozar dos eventos deportivos igual que calquera outro espectador.

Así, ofrecerase a audiodescripción de todos os partidos de LaLiga Hypermotion en ABANCA-RIAZOR, empezando polo deste sábado 17 de agosto ás 19:00 horas ante o Real Oviedo.

Jan Wappler, Director Corporativo branquiazul, apunta que "o fútbol é un deporte para todos e o RC Deportivo é un club inclusivo. Por iso encántanos apoiar o proxecto Escoita porque é innnovador e ten unha importancia grande a nivel de sociedade".

Engade que Escoita "é un proxecto que destaca o elemento de responsabilidade social corporativa e nós como Club, sendo o motor de Galicia, pero tamén da Coruña como cidade, entendemos o noso rol de apoiar este tipo de proxectos".

Pola súa banda, Jesús Suárez, alma mater de Escoita, recoñece sentirse entusiasmado ante a estrea ligueira do seu proxecto: "Non elixín ser cego. A vida púxomo no camiño. Con todo, decidín non renderme e converter un problema nunha oportunidade, así naceu Escoita. Ver como este proxecto converte ABANCA-RIAZOR nun referente en España, a nivel de accesibilidade, éncheme de orgullo e ilusión. Talvez, sexa o máis preto que estarei de sentir o que sente ao debutar en ABANCA-RIAZOR, e iso emocióname profundamente".

Escoita axuda a eliminar barreiras e permite a accesibilidade plena, acorde cos obxectivos de desenvolvemento sustentable do Real Club Deportivo.

A través dunha APP, todos os asistentes a un evento ou calquera persoa, en calquera lugar do mundo, pódea descargar para seguir a audiodescripción no seu propio dispositivo móbil.

A APP, desenvolvida en colaboración con ARMIS Group, é unha aplicación móbil que une a accesibilidade para as persoas cegas ou con problemas de visión coa tecnoloxía, destinada á narración de eventos deportivos, de diferentes modalidades, conseguindo que as persoas cegas poidan seguir ao seu equipo e a súa modalidade favorita en tempo real, convertendo un problema da industria do deporte nunha solución para a sociedade.

As ligazóns de descarga da APP son os seguintes:

Para dispositivos Android

Para dispositivos IOS

O proxecto Escoita forma parte do plan de Responsabilidade Social Corporativa do Club.