A pretemporada sobe de ritmo para o Dépor ABANCA, con 4 adestramentos e 2 novos amigables esta semana
A pretemporada do Dépor ABANCA aumenta o ritmo nunha semana frenética, con 4 adestramentos matinais na Cidade Deportiva e 2 novos amigables.
Así, o Real Oviedo de Segunda Federación o mércores 21 en Abegondo e a Valencia CF de Liga F o sábado 24 en Salamanca, ambos ás 18:00, medirán o progreso das Nosas rumbo á Liga F.
Cada día as futbolistas almorzarán na instalación a partir das 8:20 antes de comezar no ximnasio ás 9:45. O traballo no céspede comezará ás 11:00.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é o seguinte:
Martes 20 de agosto 11:00 h.
Mércores 21 de agosto 18:00: Deportivo ABANCA - Real Oviedo, en Abegondo (porta pechada)
Xoves 22 de agosto 11:00 h.
Venres 23 de agosto 11:00 h.
Sábado 24 de agosto III Torneo Ciudad de Salamanca, 18:00: Deportivo ABANCA - Valencia CF , no Helmántico