Jose Ángel e Mario Soriano pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.
O mediocentro andaluz marchouse con sensación "agridoce porque fixemos un grandísimo traballo ante un grandísimo rival pero a repartición de puntos é negativo para nós".
Asegura que "é o camiño a seguir porque o equipo fixo un grandísimo partido; pero vasche con ese sabor agridoce xa que te vas con cero puntos".
Jose Ángel advirte que LaLiga Hypermotion "son pequenos detalles. No minuto 6 cando marcan eles marca o partido. É o resultado que queda. Os pequenos detalles. Tivemos varias ocasións para facer gol, non o fixemos. A actitude e o esforzo do equipo foi bo e temos que seguir".
Pola súa banda, Mario Soriano tamén pensa que "un detalle é o que marcou o partido. Ese balón parado no minuto 5, moi pronto. Tentámolo até o último minuto, tivemos o control do partido, xogamos moi ben, tivémoslles no seu campo. Pero así é esta categoría. Un pequeno detalle marcou a diferenza e o partido".
O atacante deportivista opina que o Dépor "estivo moi ben. Este é o camiño a seguir nesta categoría. Se xogamos así imos dar moitas alegrías, imos conseguir moitos puntos. Hai que seguir e a pensar xa na SD Huesca".
Finalmente, confesa que "nos imos fodidos. Queriamos os 3 puntos. Cando nos marcaron o gol iamos a por o empate, a sumar. Non puido ser. Así é o fútbol. Un pequeno detalle, esa falta ao principio e xa está".