Villares, Pablo Martínez, Ximo, Barbero, Barcia, Puerto, Martín Ochoa, Kevin e Pablo García apadriñan a cuarta quenda do DéporCampus Cabreiróa de Abegondo
Os DéporCampus Cabreiroá 2024 pecharon a súa cuarta semana de actividade o pasado venres 19 de xullo coa presenza na sede de Abegondo dunha nutrida representación do primeiro cadro branquiazul.
Así, Villares, Pablo Martínez, Ximo, Barbero, Barcia, Puerto, Martín Ochoa, Kevin e Pablo García pasaron un intre de diversión repartindo diplomas; fotografándose cos nenos e nenas; e asinando camisetas, diplomas, botas...
Ademais, esta pasada semana tamén houbo DéporCampus Cabreiroá 2024 en Bertamiráns, Boiro, Cuntis e Vila de Marín, que en total reuniron a uns 550 nenos e nenas.
Esta actividade que cada ano pon en marcha a Fundación RC Deportivo ten unha serie de obxectivos:
-Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos -Aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo -Aprender as habilidades e conceptos na relación co balón -Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica -Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos -Transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE
De hoxe luns 22 ao 26 de xullo está en funcionamento unicamente a 5º quenda de Abegondo, con 150 nenos e nenas.
As inscricións atópanse abertas permanentemente até as 14:00 de cada martes anterior ao comezo do DéporCampus Cabreiroá correspondente.