RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vidal: "Hai unha adulteración total da competición"

Fernando Vidal e o conselleiro do Real Club Deportivo, Antonio Armenteros, compareceron en rolda de prensa en ABANCA-RIAZOR.

O Presidente branquiazul sostén que ao xogarse o resto da xornada salvo o Dépor-Fuenlabrada "cométese un gravísimo erro por parte da Federación e LaLiga. Hai unha adulteración total da competición. Nas 2 últimas xornadas téñense que disputar todos os partidos que son dependentes á mesma hora. Os árbitros antes dos partidos están pendentes de empezar á mesma hora, no descanso igual. E por tanto a adulteración da competición é total e absoluta".

Subliña Fernando Vidal que "non é o mesmo que o Deportivo estea a xogar aquí en ABANCA-RIAZOR e os demais equipos, porque presionamos aos rivais; ou que xoguemos xa descendidos. Imos ir a por todas".

Por conseguinte, "non me considero un equipo descendido", insiste o presidente deportivista na súa intervención ante os medios de comunicación.

Fernando Vidal cualifica a última xornada de liga como "irregular. Incumpriuse gravemente o principio de igualdade que debe de existir na mesma".