RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vidal: "Solicitaremos a inhabilitación de Tebas. Tentounos humillar, pisar e atropelar coas súas decisións. Non llo imos a permitir"

O presidente do Real Club Deportivo, Fernando Vidal, acompañado na mesa polo conselleiro Ricardo González e o asesor xurídico do Club, Óscar Rama, compareceu na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR após a resolución do Comité de Competición de que se dispute o Dépor-Fuenlabrada sen prexuízo de todas as frontes abertas na defensa do Club ante a propia RFEF.

"Nós sempre sostivemos o non xogar este partido se non se disputaba o resto da xornada, cousa que nestes momentos é materialmente imposible, pero por mor da resolución que chegou onte do Comité de Competición da RFEF, temos abertas, independentemente do resultado do partido, todas as vías (anulación da xornada, repetición da mesma, incumprimento por parte do Fuenlabrada do réxime disciplinario da RFEF, entre outras). Ao que nos pretendían abocar era a que incumprísemos, a que non nos presentásemos ao partido porque nos restarían 3 puntos e aínda que nos desen a razón na RFEF, TAD ou xulgados, non valería para nada. É por iso, por salvagardar os intereses do Deportivo en todo o proceso aberto, no que cremos que temos moita vida e argumentos, polo que imos disputar este partido con todas as condicións que teñamos, sen incumprir en ningún momento ningunha norma", explicou o presidente.

"O Deportivo é vítima involuntaria, do mesmo xeito que outros clubs, dun circo montado desde LaLiga. Un circo montado en base a unha conduta partidista que só beneficia a un Club, parcial porque non analiza o problema real, incluso burlándose da proposta do Secretario Xeral da RFEF, e cun manifesto abuso de autoridade arbitrario, que levou a moitos clubs a tomar decisións en función de como ían derivando determinados comunicados e todo iso no marco dun grave conflito de intereses que o presidente de LaLiga incumpriu en todo este proceso", profundo.

Por iso, e nesa liña, Fernando Vidal notificou que "hoxe mesmo nos acudimos nas dilixencias previas ao procedemento abreviado 683/2020 que se seguen no xulgado número 6 da Coruña e que entre hoxe e mañá remitiremos un escrito á presidenta do Consello Superior de Deportes, solicitando a inhabilitación de Javier Tebas Medrano e a súa separación do cargo como presidente de LaLiga en base a tres alicerces fundamentais: abuso de autoridade, non inhibición nun claro caso de conflito de intereses e incumprimento reiterado da normativa de Liga e regras de competición que non fixeron outra cousa que adulterala". Xa na quenda de preguntas profundou na súa visión da actitude do presidente de LaLiga: "chameino o martes día 21, foi a primeira persoa coa que falei e advertinlle do problema importante que estaba a ver vir e dos riscos para a competición. Cometeu un erro humano nun momento de precipitación e apuro, pero ten que buscar solucións. Desde moitos órganos instouse a solucións e a resposta do señor Tebas foi a de sempre: eu aquí fago o que me dá a gana, cando hai que recoñecer que é un executivo moi ben pago pero os donos de LaLiga son os clubs de fútbol. É un erro de concepto que hai que tentar cambiar de aquí no futuro. ¿Que hai algo persoal contra o Deportivo ou contra min? Non o sei e dáme exactamente igual. O que teño claro é que cando loito polos intereses da miña empresa, o meu club ou a miña familia vou a matar e eu creo que este señor nos tentou humillar, pisar e atropelar coas súas decisións. Non llo imos a permitir desde este consello mentres esteamos aquí".

Por último, dirixiuse á afección do Deportivo: "Quero agradecer á nosa afección, que estea connosco, déanos forza e sentido a esta loita. Mándolles a mensaxe de que estou convencido de que imos gañar este partido porque é de xustiza gañar este partido e aos que lles pido, para cando se dispute a partido tranquilidade e calma, imos ser un club señor, o que somos, a mellor afección de España, imos demostrarlles que somos os mellores e non imos caer na tentación de que nos busquen as cóxegas por incumprimentos ou actos violentos que poidan pór en perigo levar a bo fin todo este proceso. Por iso pídolles, de corazón, un comportamento exemplar, como gran afección que somos. Xa teremos tempo de manifestar a nosa contrariedade e o noso cabreo nun proceso que non fixo máis que unir ao Deportivismo ante unha clara causa de inxustiza".