O Real Club Deportivo e o Levante UD chegaron a un acordo para dar por finalizada hoxe a cesión do gardameta malagueño que se estendía inicialmente até final desta temporada.
O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente a Koke o seu traballo, profesionalidade e implicación co equipo e o trato a todos os compañeiros do Club nesta etapa como xogador deportivista, desexándolle a mellor das sortes no seu futuro profesional e persoal.