RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Grupo Breogán será o motor do RC Deportivo até 2026 con novos vehículos oficiais de Toyota e Lexus

O RC Deportivo e Grupo Breogán uniron os seus camiños, a través das marcas Toyota e Lexus, até 2026.

Esta tarde, nun acto nas instalacións de Lexus e Toyota na Coruña, o RC Deportivo e Grupo Breogán pecharon este novo acordo. Pablo Conde, xerente de Lexus Breogán e director comercial de Grupo Breogán, e Jesús Somorrostro, xerente de Toyota Breogán, recibían a Santiago Vazquez e Jan Wappler, do RC Deportivo. Trala firma, no Estadio ABANCA-RIAZOR produciuse a entrega oficial dunha frota de vehículos híbridos autorrecargables, eléctricos e de 9 prazas ao RC Deportivo.

Modelos da quinta xeración Electric Hybrid de Toyota, como o Corolla Touring Sports ou o Rav4, serán os encargados de acompañar ao equipo nos seus distintos desprazamentos xunto con modelos electrified de Lexus, como os suv NX e UX, híbridos autorrecargables.

Para cubrir outras necesidades do Club, especialmente as do traslado de material e desprazamentos de xogadores das categorías inferiores, Grupo Breogán dispuxo unha Toyota Proace Verso Electric e dúas Toyota Proace Verso de 9 prazas.

Grupo Breogán, desde os seus inicios en 1995, aposta por unha mobilidade máis sustentable en todas as marcas que representa. En especial, as marcas do Grupo Breogán, Toyota e Lexus, que xa desde o século pasado comezaron a impulsar os vehículos electrificados, como unha solución para conseguir mellorar o impacto dos automóbiles sobre o medio ambiente.

O acordo tamén outorga presenza de imaxe ao grupo de automoción e as súas marcas nos soportes publicitarios e a través das canles de comunicación do Club.