Héctor, Juan Carlos Menudo, Diego Aguirre e Josep Calavera apadriñaron a quinta quenda do DéporCampus Cabreiroá 2021
O DéporCampus Cabreiroá 2021 entra na súa recta final coa penúltima semana de actividade nunha única sede, Abegondo.
Os futbolistas do primeiro equipo Héctor, Juan Carlos Menudo, Diego Aguirre e Josep Calavera apadriñaron esta quenda, formado por 125 nenos e nenas que gozaron desde o pasado luns do seu deporte favorito na Cidade Deportiva branquiazul, moi cerquita dos seus ídolos.
Os catro deportivistas pasáronse polo DéporCampus Cabreiroá para charlar cos participantes, fotografarse con todos, asinar camisetas, botíns...
Unha foto de grupo foi o colofón a unha emocionante mañá nun dos campos de herba natural do complexo.
A sexta quenda de Abegondo, que comezará o vindeiro luns 2 de agosto, porá o punto e final a esta actividade xa tradicional no verán deportivo galego e que en 2021 supera xa os 1.200 alumnos. Todo un éxito organizativo do Club e da Fundación RC Deportivo, que repartiron así deportivismo por toda Galicia, en sedes como Cuntis, Zas, Silleda, Monforte, Bertamiráns, Caranza, Boiro, Ourense, Terras de Maside, Cee, Arteixo e Viveiro; ademais do Dépor Soccer Camp en Virginia (Estados Unidos).