RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Hugo Vallejo: "Temos que pór da nosa parte e afrontar o que nos queda

O deportivista Hugo Vallejo pasouse esta mañá pola sala de prensa virtual do Real Club Deportivo. 

Estas foron algunhas das súas respostas.

Día a día no confinamento

"Estiven coa miña noiva en Brion e fíxose máis ameno. Estiven facendo o traballo que me mandou o corpo técnico, tentando comer o máis saudable posible. Non se me fixo tan pesado porque se estás acompañado non é o mesmo que estar só".

"Os meus pais non estiveron aquí comigo. Cando acabamos de adestrar pensaba irme á miña casa pero non nos deron permiso do Club. Eu tampouco pensaba que ía ser tanto tempo. Polo menos non estiven só, estiven coa miña noiva na súa casa. Paseino un pouco mellor".

Sensacións antes da volta ao traballo e protocolo para o regreso

"Durante todo o confinamento houbo unha serie de persoas que estiveron traballando e xogáronse a vida en risco de contaxios. Ou sexa que se todos pomos da nosa parte e temos a suficiente responsabilidade podemos levar isto ben. Persoalmente estou ben, disposto a comprometerme co Club, coas normas que poñan. A ver como vai a situación".

"Paréceme ben. Temos que ir aos poucos primeiro individualmente e logo cando se poida metendo os grupos. Vai ser como unha mini pretemporada, empezar de menos a máis e ver como vai a situación. Esperemos que vaia todo ben".

"Todos temos medo. É normal que teñamos medo. Pero mentres estabamos de confinamento houbo persoas que estaban a se xogar a vida con risco de contaxio. Temos que pór da nosa parte e afrontar o que nos queda".

"Temos medo pero á vez moitas ganas de empezar. Persoalmente estou con moitas ganas de demostrar que podo estar aí para cando faga falta".

División entre os futbolistas sobre a volta ao traballo

"É normal que haxa división porque todos temos unha opinión. Pero se queremos que isto vaia da mellor maneira posible, e a condición de que nos confirmen a seguridade, temos que aceptar o que nos mande a liga".

Segunda oportunidade no regreso

"Desde que vin estiven traballando bastante para ter minutos. Ao final son decisións que toma o míster e eu vou respectar sempre. Tómomo isto como unha pretemporada para demostrar que podo xogar, que pode contar comigo".

"Estou a traballar moito e vouno a seguir facendo. Máis agora que o míster vai necesitar a todos os seus futbolistas dispoñibles. Vou estar aí para cando me toque xogar e tentar aproveitar a oportunidade".

Xogar en ABANCA-RIAZOR sen público

"A ningún futbolista gústalle xogar sen a súa afección. Creo tamén que hai que ter unhas medidas de seguridade e se estamos dispostos a acabar a liga, a mellor solución é a porta pechada. A ninguén lle gusta, nin a min tampouco; e máis coa afección que ten o Dépor. É o que hai e temos que respectar o que digan".

Ampliación de contrato até o final da temporada

"As conversacións tivéronas os meus axentes co Dépor e co Real Madrid supoño. Eu estou comprometido a acabar a liga e quedarme aquí até cando faga falta".

"Os meus axentes encárganse de todo. Eu estou comprometido a quedarme aquí até cando faga falta".

Posibilidade de renovar o campionato

"É posible se todos pomos da nosa parte e temos a suficiente responsabilidade para sacar isto adiante".

Concentracións dos equipos

"A ninguén lle gusta estar concentrado tanto tempo fóra. Pero ao final temos que aceptar unhas medidas de seguridade que nos pon. Se queremos acabar a liga da mellor maneira posible temos que aceptar o que nos digan".

Valoración desta etapa no Dépor e posible continuidade

"Moi contento de chegar aquí, co vestiario, o corpo técnico e a xente. Se o ano que vén proponme estar outro ano aquí eu veríao ben. Quero crecer e xogar. Habería que ver cal é a mellor solución para o meu futuro".

Test de COVID-19

"Esta tarde fanmo. Esta mañá houbo analítica, electrocardiograma e pregos".

Solución se aparecen positivos e se non se chega a acabar a liga

"Deberíase de cancelar a liga se houbese algún positivo, e que deberían de dar premio e non castigos; é dicir, que houbese ascensos pero non descensos porque non se pode concluír a liga e non sería xusto".