RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Idiakez: Aínda que estamos en pleno proceso de maduración do equipo, hai cousas ás que agarrarse interesantes

Imanol Idiakez recoñeceu na sala de prensa que "os equipos están a sacar cousas cun pouquiño, cun moitiño, co seu traballo e a verdade é que nos está custando, é unha realidade en ABANCA-RIAZOR".

O técnico deportivista fala de "insistir, insistir e seguir insistindo; e desexar que sexa o próximo polo equipo e por #ANOSAFORZA. Aínda que estamos en pleno proceso de maduración do equipo, hai cousas ás que agarrarse interesantes. É verdade que somos un equipo aparentemente sólido e non nos queda outra que insistir, insistir".

Recoñece que "despois dos partidos sempre quédache esta mala sensación, sobre todo en casa, de non poder dar alegrías á nosa xente, pero creo que o equipo antes ou despois vaino a conseguir e espero que sexa o descorche".

Opina que "a primeira parte estivo dominada claramente por nós co gol e algunha situación máis que tivemos. Hai unha de Valcarce que se tira ao final, pero que era bastante bastante clara e algunha outra máis. E un partido que estaba aparentemente controlado, pero sempre ten perigo un rival con eses xogadores á contra. A partir do seu gol, que é un gol que non podemos conceder en saque de banda, perdemos un pouquiño o control. Custounos, atropelámonos un pouquiño, precipitámonos e iso ademais permitiulles a eles poder correr. Unha pena porque estamos a desexar obter o primeiro triunfo aquí en ABANCA-RIAZOR, con #ANOSAFORZA e estase resistindo. Hai que seguir traballando e esperemos que sexa o próximo".

Imanol Idiakez conclúe que "o empate se axusta ao que pasou. Os dous equipos fixemos un partido no que o lóxico era o empate por situacións de gol, por dominio, por oportunidades. O partido foi diferente para os dous. Xogamos a unha cousa e eles a outra, pero cada un coa súa idea. O empate axústase ao que pasou en canto a situacións de gol".

Finalmente, lembrou que "temos a sorte de que Lucas volve a semana que vén. Perdémonos/Perdémosnos de Lucas 2 partidos máis 60 minutos, ou sexa, 240 minutos sen Lucas levamos. Esperemos que Yeremay e Mella en 2, 3 semanitas aparezan. A Barbero non, a Barbero perdémolo máis tempo. Polo menos se recuperamos eses 3 xogadores creo que estaremos mellor. Non queremos chorar nin queremos pór escusas pero esas baixas están aí e non son calquera baixa".

Pola súa banda, Gonzalo Riutort, técnico da UE Cornellà márchase de ABANCA-RIAZOR "contento polo que fixo o equipo, polo esforzo do xogadores pero por como ha ir o partido, sobre todo a segunda parte, contento de todo non porque tivemos opcións para gañar. Co contrario tan envorcado atopamos continuidade nun par de recuperacións que os pillamos aí e puidemos marcar o segundo".

No entanto deu "por bo o empate" e móstrase "satisfeito co traballo dos xogadores, que teñen o premio de sumar".