RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Lucas vaticina "unha temporada moi bonita" e Gauto ten "unha sensación moi linda ao debutar neste club tan grande"

Lucas Pérez e Juan Gauto pasáronse pola zona mixta do Estadio Nuevo Los Cármenes.

O capitán deportivista, autor do tanto do empate ao cabo definitivo no minuto 47, mostrouse "moi contento polo gol porque é o primeiro para min desde que volvemos ao fútbol profesional. Os primeiros 15, 20 minutos custounos adaptarnos ao sistema do Granada CF. Sorprendeunos. Pero despois de recibir o gol axustámolo mellor e o Dépor foi superior".

Lembra que "tivemos varias xogadas colectivas moi boas. Ao final materializouse a miña. Oxalá se fixera a de Mario Soriano que é unha xogada moi bonita que fai con Yeremay".

Lucas está "contento porque nos imos coñecendo, ímonos adaptando, imos collendo os hábitos, imos collendo o que quere o adestrador e creo que vai ser unha temporada moi bonita".

Pola súa banda, Juan Gauto ten "unha sensación moi linda despois de debutar neste club tan grande, nesta cancha difícil, o rival moi difícil. Fixemos un partido bo máis aló do resultado. Estou moi contento polo debut e polo equipo, que imos agarrar confianza en cada partido".

O extremo deportivista laméntase de "algunhas ocasións claras nas que a sorte non estivo do noso lado. Talvez había que terminar un pouco mellor a xogada. Máis aló de todo foi importante o empate aínda que viñemos buscar a vitoria. Paso a paso e partido a partido".

Insiste en que está "moi feliz por poder axudar ao equipo. Confiaron en min e iso téñoo que demostrar cada día na cancha, partido a partido".