RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Imanol Idiakez: "Viñemos ao campo dun dos favoritos e mirámoslle aos ollos"

Imanol Idiakez subliñou na sala de prensa do Nuevo Los Cármenes de Granada que "foi un partido de moitas cousas. Pasaron moitas cousas no campo. O rival esixiunos moito como é normal nun rival deste nivel. Foi un bo traballo. Reaccionamos a un inicio no que non estabamos a gusto no campo. E fixemos unha segunda parte boa até o último arreón do Granada CF".

O técnico deportivista sostén que no que vai de Liga Hypermotion "competimos os 4 partidos. En Huesca xa vistes como se nos escapou. O día do Oviedo fixemos para sacar mínimo 1 punto, senón os 3. E hoxe (por onte sábado) viñemos ao campo dun dos favoritos e mirámoslle aos ollos. Reaccionamos a unha situación adversa. Moitas cousas boas e para min boas noticias".

Preguntado por Yeremay, lembra que "é un futbolista en pleno crecemento. Témoslle todos fe. Desde que cheguei á Coruña tiven unha fe especial en Yere. Estamos convencidos de que vai facer grandes cousas connosco e unha vez máis só podemos alegrarnos de que sexa xogador do Deportivo".

Finalmente Imanol Idiakez pediu "tempo" para as novas incorporacións: "Ao equipo téñolle que dar estabilidade e a partir de aí ir introducindo xente. Por suposto que o faremos porque sabemos que temos un cadro para ver moitas cousas. Hoxe saíron algúns (Gauto ou Cristian Herrera) e pouquiño a pouco teremos tempo para ver a todos".