RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Imanol Idiakez: Agora hai que ser moi prudentes, humildes e pornos a traballar máis duro se cabe

Imanol Idiakez manifestou na sala de prensa das Gaunas que "agora estamos nesa dinámica positiva pero agora hai que ser moi prudentes, humildes e pornos a traballar máis duro se cabe. A gozar un día ou dous e a pensar no seguinte rival".

Cre que "as sensacións deles (os xogadores) son boas, que é o máis importante. Desde hai semanas senten que o que están a facer é o camiño que queremos. Non hai nada mellor que sentir as cousas que están a sentir no campo eles. As sensacións dos últimos partidos é o máis importante, a sensación de facer ben as cousas, de xogar en equipo, de sentir que tes moitas cousas importantes porque non só son os goles, o conceder tan pouco, que en partidos máis igualados é importante. Moitas cousas que se están construíndo aí dentro e fannos estar satisfeitos".

Apunta que no partido "empezamos moi ben. Era un dos obxectivos, empezar como empezaramos nas últimas semanas, indo a por eles, indo a buscalos. Viñeron os goles rápido. Logo puido parecer un pouco máis sinxelo pero foi mérito e traballo do equipo".

O técnico branquiazul destaca o "equipo, os que xogaron, os que saíron despois. É unha pena que o traballo doutros compañeiros non se poida ver porque só poden xogar 11 e 5 despois; pero o espírito do equipo, do día a día é o que se está transmitindo os domingos no campo. Estamos no bo camiño".

De feito, mostrouse "contento pola xente que saltou despois ao campo porque fixo un bo traballo, porque os dianteiros fagan goles que é unha boa noticia e polo traballo de todos".

Imanol Idiakez aclarou que o cambio de Ximo Navarro no descanso foi "polo cartón amarelo. Neste tipo de partidos o campo ás veces estaba un pouco esvaradío, tropezas, sácanche a segunda e pódese complicar o partido. Decidimos co resultado tan a favor facer o cambio para evitar sustos".

Cualificou como "grandísima noticia" o gol de Barbero, titular hoxe: "Perdémolo o día de Unionistas. Estivemos catro meses longos sen el. Era un xogador referente para nós ao comezo de temporada. Volveu hoxe. Aínda o mozo está na procura de fórma pero creo que fixo un bo traballo, fixo gol. Raúl Alcaina saíu e fixo gol tamén. Nese aspecto estamos contentos".

Finalmente, preguntado por Mella, o preparador deportivista cre que ten "un grandísimo potencial. É o premio a cousas. Está a coidarse máis que nunca, está a entender o que é o fútbol profesional e aí están os resultados. O potencial tíñao e estamos contentos que o estea sacando".