Imanol Idiakez manifestou na sala de prensa do Estadio Fernando Torres que a derrota foi "moi dolorosa. Tivemos 4 ocasións clarísimas para 0-2: a de Davo, a de Mella e 2 de Lucas. Chegamos ao desconto e metéronnos 2 goles en 2 perdas nosas. É unha derrota moi dura. O fútbol está a castigarnos neste inicio de liga dunha maneira moi severa. Hai que tragar saliva e recuperarnos para o seguinte".
O técnico deportivista admite que "nos faltou oficio. Tiñamos unha situación de Salva, un balón en mediocampo que tiñamos correndo a Lucas e Cayarga contra unha liña en mediocampo, saíu de aí unha perda, un golpeo, os rexeites... E logo habemos ir a por o 1-2 no último minuto e no rexeite dun córner na contra métenche un gol. Unha tolemia".
Cre que agora "é momento de analizar cun pouquiño máis de calma durante a semana. O equipo até ese desconto fixera un partido correcto nun escenario moi complicado como é este campo. Tiñamos 3 puntos na man e quedámonos con cero no desconto. É doloroso, hai que analizalo e seguir".
É consciente Imanol Idiakez que "nos custa facer faltas. Coa UE Cornellà tivemos un par de contras que no canto de paralas ao comezo queremos xogar, queremos roubar. Somos un equipo valente e nese sentido estamos a pagalo".
Cualifica de "terrible" o que nos está pasando: "Balenziaga caeu, Pablo Martínez caeu... Durante o partido tivemos unha chea de situacións. Non quero buscar escusas. Esta derrota doe, entendo que a #ANOSAFORZA pódelle doer. Lamentámolo por eles pero estamos convencidos que lle imos a dar a volta".
Explica finalmente que Pablo Martínez sufriu "un golpe co xeonllo nas costas que lle pillou a zona do ciático. Non podía andar. Tentamos no descanso con tratamento, quixo seguir pero non puido".