RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Jaime Sánchez comeza a facer tarefas co grupo nunha mañá de traballo táctico en Abegondo para Os Nosos

O Dépor adestrouse esta mañá en Abegondo xa co cinco sentidos postos na seguinte cita ligueira, a visita ao FC Cartagena prevista para o sábado 2 de novembro ás 16:15 (Dazn) no Estadio Cartagonova.

Jaime Sánchez foi a novidade da xornada. O defensor deportivista realizou boa parte da sesión co grupo e entra na recta final da súa recuperación.

O cadro realizou unha activación no campo 2 supervisada polos preparadores físicos Roberto Cabellud e Sergio Roca.

A continuación, os futbolistas pasáronse ao campo 3 para un traballo táctico dirixido por Óscar Gilsanz.

Mfulu e José Ángel están con traballo personalizado no ximnasio.

O día foi especial para Samuel Fernández Leonardo (17 de marzo de 2007, Narón) que estivo hoxe co primeiro equipo. Con ficha de Xuvenil A, adéstrase con asiduidade co filial de Segunda Federación. Samuel chegou a Abegondo na temporada 2018-19 ao Alevín A.

Mañá xoves, o equipo adestrarase de novo na Cidade Deportiva a partir das 11:00 horas.