RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Imanol Idiakez ve ao Dépor maduro, con experiencia ademais de preparadísimo

Imanol Idiakez manifestou na sala de prensa de Abegondo que neste final de liga "estamos enchufadísimos, con moitísimas ganas de que chegue o partido de mañá, con moitas ganas de ir alí e pelexalo, de facer todo o posible para sacar os 3 puntos e de dar outro paso cara ao obxectivo", en referencia ao encontro en Las Llanas ante o Sestao River (18:00, FEF TV).

Recalca que "estamos preparados. Temos un equipo maduro, con experiencia, que leva demostrando desde hai semanas, desde que collemos o primeiro posto, que é capaz de soportar a posible presión que haxa. Temos un grupo de xogadores preparadísimos, que entenden cal é o obxectivo e cal é a posible presión, pero que sobre todo se centran no xogo. É a mellor maneira de esquecerche de posibles consecuencias, centrarche no xogo. E mañá ademais temos un rival e un escenario que nos vai a obrigar a estar moi concentrados aí dentro e ter os 5 sentidos no que pasa dentro das liñas".

Subliña que "o partido ten unha emoción importante polo que nos xogamos os dous equipos. É un escenario deses que os que somos da miña xeración lévanos a recordos bonitos daqueles anos 80, de Primi... É unha afección que é moi do seu equipo, moi sentida, que empuxa moito. É un partido moi bonito como espectáculo".

Alerta que Las Llanas "ten unhas dimensións un pouquiño máis reducidas que o noso, que ademais a bancada tan preto faille parecer que é máis pequeno do que é. E imos preparados para o que nos concierne a nós, que é tentar facer un bo traballo no campo".

Do Sestao River, o técnico deportivista advirte que é un equipo que, recentemente ascendido, custoulle un pouco collerlle o truco á categoría con xente sobre todo moi nova, moita xente da canteira do Athletic, con talento. Ten moito talento na parte de arriba, con Jon Cabo, con Aranzabe, con Guruzeta, con Leandro, con Kaxe... Quizais non responde tanto o perfil do Sestao River que nos podemos imaxinar dos anos 80, 90 de fútbol directo. É un equipo que ten talento e na parte de arriba ten moita capacidade. Está a facer unha gran segunda volta, están no seu obxectivo, que o teñen claro e sabemos que mañá vai ser un partido de dificultade, pero o máis importante é que o equipo está preparadísimo para o que lle vén e imos afrontar o partido con todas as da lei".

Imanol Idiakez reitera que nesta última recta do campionato "estamos cos 5 sentidos en Sestao. Non temos outra cousa na cabeza máis que o partido de mañá e o noso obxectivo é sacar o partido, porque se mañá nós gañamos a semana que vén estaremos en mellores condicións seguro que esta".