Inês Pereira mídese mañá venres 29 de novembro á República Checa no partido de ida do play off final de clasificación para o Campionato de Europa 2025.
O encontro xogarase ás 20:45 (hora galega) no Estadio do Dragao no Porto.
Na Rolda 1, a xogadora do Dépor ABANCA e as súas compañeiras eliminaron a Azerbaiján.
O calendario de partidos de Portugal é o seguinte:
Venres 29 de novembro 19:45 (hora local, 20:45 en Galicia): PORTUGAL - REPÚBLICA CHECA, no Estadio do Dragao (O Porto)
Martes 3 de decembro 17:45: REPÚBLICA CHECA - PORTUGAL, no AGC Area de Teplice
Finalizado este partido, Inês Pereira regresará á Coruña para incorporarse de novo ao cadro deportivista.