Intensa xornada de Fran Alonso, con visita a ABANCA-RIAZOR e Abegondo hoxe luns, e presentación mañá martes
Intensa primeira xornada de Fran Alonso no seu primeiro día como adestrador do Dépor ABANCA.
O técnico madrileño aterrou á primeira hora da mañá no Aeroporto da Coruña. "É un club histórico que xa coñecía ben", manifestou, á vez que advirte "unha comunión entre xogadoras a pesar de que os resultados non acompañaron".
A súa primeira parada foi ABANCA-RIAZOR, escenario no que o seu equipo disputa os partidos da liga F esta temporada.
A continuación, acompañado por Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA; e por Aitor Prieto, adxunto á dirección deportiva, trasladouse á Cidade Deportiva de Abegondo.
Fran Alonso puido coñecer de primeira man as instalacións, como o vestiario de As Nosas, o comedor, a sala de prensa e por suposto o campo 5 no que se adestra o Dépor ABANCA diariamente.
Márcase como obxectivo "afianzarse na categoría" e asegura nunha entrevista que se pode ver na canle do RC Deportivo en Youtube que hai "ferramentas suficientes".
O cadro, hoxe luns con xornada de descanso, retomará os adestramentos mañá martes ás 10:30 nunha semana sen competición ligueira polos compromisos das seleccións nacionais.
Concluída a sesión de traballo, Fran Alonso será presentado como novo técnico, ás 13:00 horas na sala de prensa de Abegondo, nun acto que será retransmitido en directo no citado canle oficial do RC Deportivo en Youtube.